Pleno 10-04-12
MOC Alcoa
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
1.º) Trasladar ao Goberno de España a recomendación de impulsar un acordo urxente de prezos entre as empresas produtoras de electricidade e os grandes consumidores, que implique unha minoración dos actualmente vixentes ata 31 de decembro, e un horizonte superior a cinco anos, que faga posible o desenvolvemento dos plans estratéxicos das industrias afectadas.
2.º) Unha revisión das tarifas de acceso para os grandes consumidores de enerxía que inclúan só e exclusivamente os custes asociados ás redes e aos de operación do sistema.
3.º) Que se manteña o servizo de xestión de interrumpibilidade da demanda.
4.º) Poñer en valor o carácter estratéxico das plantas de Alcoa en Galicia, pola súa produción de alumina e aluminio, polo súa achega ao valor engadido e polo volume de emprego xerado.
19 de abril de 2012
MOCIÓN PRESENTADA POLO PSdG-PSOE NO PARLAMENTO DE GALICIA
19.4.12
No comments
0 comentarios:
Publicar un comentario