ERE NON

ALCOA ESTÁ EN LOITA!

NON AO DESMANTELAMENTO INDUSTRIAL

Contrato de enerxia xa!

ISTO É A GUERRA!

ALCOA NON SE PECHA!

28 de septiembre de 2011

RECOÑECEMENTOS MÉDICOS.

En relación ca autorización dos datos persoais médicos á mutua, o Inspector de Traballo comentou que non temos ningunha obriga de firmar dita autorización.Polo tanto, dende a Sección Sindical de UGT recomendamos que anuledes a firma que realizástedes no seu momento para que de éste xeito non teñan os vosos datos terceiras empresas.
Os compañeiros interesados en revocar a firma podedes recoller un "modelo tipo" na oficina de GERVASIO SÁNCHEZ (fundición) para entregalo na oficina de persoal.

12 de septiembre de 2011

¿EN QUÉ MANS QUEDAMOS?

No día de hoxe, a Dirección convocounos a unha nova reunión da mesa de competitividade para preguntar que sindicatos ían firmar a última proposta pasada por referéndum o día 30/08/11. Tanto APC como CCOO respostaron que si firmaban e a UGT dixemos que NON firmaríamos a proposta debido a que entendemos que vulnera os dereitos fundamentais dos traballadores (mobilidade funcional,despidos).


Ante ésta resposta, a Dirección nos comunica que non vai permitir a presencia nas reunión do seguimento do acordo ós sindicatos “non firmantes”, nin tampouco nos darán acceso á documentación relacionada con éste tema incluido os listados cos nomes dos compañeiros afectados.

Polo tanto, a partir de agora, van ser CCOO e APC xunto ca Dirección os encargados de decidir o futuro da nosa fábrica:XUSTAMENTE O QUE PRETENDÍA O NOVO XEFE DE PLANTA.

Para a Sección Sindical de UGT ésta actitude supón unha agresión, sin precedentes no grupo Alcoa, hacia a representación legal dos traballadores ademáis de un acto de cobardía(os que non estamos de acordo ca Dirección nos apartan,non vai ser…). Dende UGT non imos permitir estas cacicadas polo que de inicio presentaremos demanda no xuzgado.

7 de septiembre de 2011

5 de septiembre de 2011

"CONTRA A REFORMA, EU QUERO VOTAR"

Mañan día 6 de setembro, a UGT de Galicia, xunto con outros sindicatos nacionais, convocan unha concentración diante da Delegación do Goberno na Coruña(praza de Ourense) ás 19:00 horas, en contra da reforma da Constitución e pola convocatoria dun referendo.

¡¡BASTA XA DE RECORTES!!

MOBILÍZATE.