ERE NON

ALCOA ESTÁ EN LOITA!

NON AO DESMANTELAMENTO INDUSTRIAL

Contrato de enerxia xa!

ISTO É A GUERRA!

ALCOA NON SE PECHA!

21 de octubre de 2011

MESA DO EMPREGO

No día de hoxe, a dirección convocounos a unha reunión para tratar as próximas contratacións que emanan do acordo sobre competitividade firmado pola coalición CCOO-APC. En esta reunión a RD nos comenta que vai utilizar o contrato de relevo para facer indefinida á técnica de recursos humáns, a cual nin aparece no “famoso” listado nin cumple co orden de antigüedade tan publicitado pola coalición CCOO-APC, e ademáis retrasa a contratación de outros compañeiros que están en convenio. As causas alegadas pola dirección son que non poden facer contratos de relevo ós compañeiros que tiñan contrato de obra e servicio debido a que son fraude de lei pero o máis sorprendente é que o actual contrato da técnica de recursos humáns tamén é de obra e servicio; por qué unha si pode e os outros non?...Dende a Sección Sindical de UGT non atopamos ningún artigo no Estatuto que impida facer contratos de relevo ós traballadores de obra e servicio e menos cando non existe unha sentencia dun xuiz que dictamine que están en fraude.


Por outro lado, tamén van aplicar o 2x1 esto é facerlle dous contratos de relevo a un mesmo compañeiro perdendo de este xeito a capacidade de contratación e ademáis introducindo unha nova modalidade que xa fora rechazada pola asamblea dos traballadores na negociación do Convenio Colectivo. Debido á firma do acordo de competitividade a empresa está sacando probeito para contratar PFD´s e deixar aplazada a contratación dos nosos compañeiros que agora están despedidos e mentras siguen aumentando as horas extras(veáse as realizadas o día 7 de outubro). Cada vez está máis claro que o acordo sobre competitividade só favorece á empresa en contra dos dereitos dos traballadores.