18 de enero de 2012

RECORTES PRODUCIÓN

Na reunión celebrada onte pola mañá en Madrid, o presidente de Alcoa España, nos fixo unha amplia exposición da drástica situación económica que preveen no ano 2012 para as plantas de A Coruña e Avilés debido o alto precio da tarifa eléctrica, á situación do LME e ó excaso mercado xunto co alto coste das materias primas. O presidente comenta a necesidade de facer un expediente temporal(un ano) de regulación de emprego para minimizar as pérdidas e tamén que o ERE ten que aplicarse de maneira inmediata antes de un mes.
Na reunión realizada pola tarde, o director financiero, dedicouse a comentar como estaban as cifras económicas das duas fábricas pero non nos deron ningún tipo de documentación e dixeron que responderían as nosas preguntas na próxima reunión.
En estas duas reunións non se nos comentou ningún detalle de como se faría o ERE nin como pretenden realizar os recortes de produción.

A próxima reunión será o xoves 19 ás 9:00 horas e os membros de UGT Alcoa A Coruña que van asistir serán os compañeiros Gervasio Sánchez e Paseiro.

O XOVES DENDE AS 13:00 E ATA AS 14:00 HORAS CONCENTRACIÓN NA ENTRADA DA FÁBRICA. A VOSA PRESENCIA É FUNDAMENTAL.

0 comentarios:

Publicar un comentario