24 de enero de 2012

REUNIÓN CA DIRECIÓN

Na reunión de hoxe pola mañán a RD seguía insistindo en recortar a produción mediante a parada total da serie 1, tivo que ser a representación dos traballadores quen ideou varias propostas diferentes a da Direción sin ter que pasar pola parada da serie 1.A todas as nosas propostas a RD respondeu que técnicamente non eran posibles con excepción  da parada de duas metades de cada serie.

Na reunión realizada pola tarde, a RD, nos presentou unha comparativa de coste globales entre as duas posibilidades de parada(S1 completa vs metade S1-S2) a cal e según a Direción sae en 1,1 millóns de euros menos ca parada total da serie un. Ante éste panorama, a RT, lle solicitamos un acordo detallado en materia de mantenemento e melloras para a serie 1 antes,durante e despóis da parada e a resposta que tivemos pola RD foi que ese apartado o falariamos en Madrid éste xoves.

Ás 10:30 horas recibiunos o alcalde da Coruña o cál lle comunicamos o grave problema que supón para a nosa fábrica o precio da tarifa eléctrica e tamén lle solicitamos que comunicara ó Ministerio de Traballo o enorme acto de irresponsabilidade no caso que autorize un ERE a Alcoa sin o acordo cos traballadores,lembrándolle que o ano pasado ésta empresa tivo beneficios.

No día de onte ás 12:30 horas tamén nos reunimos co senador Javier Losada Aspiazu para solicitarlle que trasladara á Cámara Alta a problemática da enerxía e do ERE que pretende facer Alcoa de forma unilateral.

¡¡¡O XOVES 26 DE 13:00 A 14:00 HORAS CONCENTRACIÓN NA ENTRADA DA FÁBRICA. O ERE NOS AFECTA A TODOS/AS!!!

VENRES 27 ÁS 15:00 HORAS ASAMBLEA XERAL.

2 comentarios:

Parece ben que nos pidades que nos movamos pero tamen devianse mover os "xefes" ese non queren dar a cara eliminalos das asanbleas quitar o cadro de mandos que se mollen eles tamen van o ere

Deberiams aceptar o ERE (que imos ter si ou si) e centrar esforzos en pensar na viabilidade da planta. Facer a parada da serie 1 nas mellores condicions posibles e unha vez parada levar a cabo os traballos de mantemento necesarios. Despois esta o tema da enerxia electrica... Nas concentracions deberiamos de falar de PECHE non de ERE

Publicar un comentario