ERE NON

ALCOA ESTÁ EN LOITA!

NON AO DESMANTELAMENTO INDUSTRIAL

Contrato de enerxia xa!

ISTO É A GUERRA!

ALCOA NON SE PECHA!

24 de septiembre de 2012

PRÓXIMAS MOBILIZACIÓNS!!!!

Debido á grave situación que estamos a sufrir, os traballadores de Alcoa convoncan varias mobilizacións...Dende a sección sindical de UGT Alcoa solicitamos o apoio dos veciños da Coruña e a sua comarca para evitar que desmantelen totalmente  a industria coruñesa.

O MÉRCORES DÍA 26 DE SETEMBRO IMOS CONCENTRARNOS DIANTE DA DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA ( na praza de Ourense) ás 12:00 horas.

TAMÉN O XOVES DÍA 27 DE SETEMBRO FAREMOS OUTRA CONCENTRACIÓN DIANTE DAS CONSELLERIAS DA XUNTA DE GALICIA (ao lado da estación de autobuses de Santiago), ás 12:00 horas.
Os autobuses saldrán dende Alcoa ás 10:45 horas e para reservar praza hai que comunicarllo a calquera dos membros do comité de empresa.

¡¡¡Para ésta concentración, dende a UGT creemos que sería interesante levar os cascos de traballo...temos que conseguir que se nos escoite!!!RUIDO,RUIDO,RUIDO!!!






18 de septiembre de 2012

ASAMBLEA XERAL ALCOA

O venres día 21 hai convocada unha asamblea xeral ás 15:30 horas no comedor social. Descoñecemos a "orde do día".

12 de septiembre de 2012

MOBILIZACIÓNS XA!!!

Agora, en plena campaña electoral, imos escoitar como os políticos do PP van seguir especulando cos nosos postos de traballo a cambio de un puñado de votos. Éstes, e anteriormente outros mentireiros, tiveron moito tempo para solucionar o problema pero o único que fixeron foi abocarnos á pérdida dos nosos empregos...ímolo consentir?
Dende a UGT iremos a manifestarnos ós mítines polo que agradeceríamos a máxima información de ditos eventos. SI ELES NON NOS DEIXAN TRABALLAR NOS NON DEIXAREMOS QUE GOBERNEN.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/09/12/alcoa-senala-5-octubre-tope-aclarar-futuro/0003_201209G12P30991.htm

6 de septiembre de 2012

MANIFESTACIÓN 15 DE SETEMBRO EN MADRID

O sábado 15 de setembro, hai convocada por máis de 100 organizacións sociais(incluida UGT), unha MANIFESTACIÓN para protestar polos múltiples recortes que está a realizar o goberno. UGT pon a disposición, de todos os afiliados, autobuses para acudir a Madrid que saldrán ás 1:00 horas do día 15 de setembro dende a Palloza(diante da UGT). Os afiliados que queirades participar na manifestación tedes que reservar plaza a través de calquera dos membros do comité de UGT ou chamando ó número de teléfono 981237264.




¡¡¡MARCHA A MADRID!!!



¡¡¡NON PERMITAS QUE ARRUINEN O PAÍS!!!