ERE NON

ALCOA ESTÁ EN LOITA!

NON AO DESMANTELAMENTO INDUSTRIAL

Contrato de enerxia xa!

ISTO É A GUERRA!

ALCOA NON SE PECHA!

30 de agosto de 2011

RESULTADO DO REFERENDUM

178 votos SI ( a favor da proposta da empresa).
75 votos NON (en contra da proposta da empresa).
11 votos BLANCOS.
2 votos NULOS.

A enorme participación dos PFD´s en este referéndum, xunto cos votos SI de CCOO, acabou dando un resultado afirmativo á proposta da Dirección. Foi lamentable ver a xefes de departamento, técnicos/as de recursos humans e incluso un ex xefe de planta ir votar a toque de corneta. Esto si que é un "compadreo sin límites".
A DIRECCIÓN MANDA, ORDENA E AGORA DECIDE ÁS VOTACIÓNS.

25 de agosto de 2011

¡¡¡NON!!!

Dende a Sección Sindical de UGT non estamos de acordo ca última proposta da empresa debido a que non recolle un plan de viabilidade real xa que solo son intencións de estudiar varias accións pero a partir do 28 de outubro, o cual nos crea un futuro incerto.O único que queda claro é o interese da empresa por suprimir postos de traballo e ademáis de modificarlle as condicións laborais de trece compañeiros.


Por outro lado, agora pretenden facer un referéndum para de este xeito eludir responsabilidades e que sexan os compañeiros os que teñan que decidir si a empresa fai despedimentos e movilidades funcionales inxustas, e todo isto sin pasar pola asamblea e ocultándonos á UGT os novos listados do persoal afectado polas “futuras contratacións”.

Por parte da UGT, ainda que estamos de acordo con facer o referéndum(debemos permitir que os compañeiros opinen),non seremos cómplices de despedimentos nin de movilidades funcionales innecesarias polo que VOTAREMOS NON.

NON SEXAS CÓMPLICE; VOTA NON.

18 de agosto de 2011

REGRESO Ó PASADO OSCURANTISTA, TOTALITARIO E MAFIOSO...

Despois da asamblea xeral, celebrada o día 5, CCOO dedicouse a sacar unha serie de notas para difamar e confundir ós compañeiros culpando á UGT do transcurrir de ésta asamblea. Xa estamos acostumados a éste "sindicalismo de notitas" nas cales, cando as cousas saen ben é gracias a CCOO pero cando non saen é por culpa da UGT, desprestixiando de este xeito a todos os compañeiros que expresaron as suas opinións na asamblea. Dende UGT non imos entrar en detalles xa que todos os que estivéstedes na asamblea sodes coñecedores do que pasou, o único certo que din na nota é que CCOO gañou as eleccións sindicais(ainda non sabemos si o xefecillo pagou a laconada que prometeu si saía elexido o seu fillo) pero dende UGT asumimos á maioría de CCOO ainda que eles non respeten ás minorías. Agora amenazan con denunciar a calquera que opine(pois si que van ter traballo os servicios xurídicos,así por fin podrán gañar algún xuicio, porque non habrá actitudes mafiosas que sexan capaces de pecharnos a boca). E por si ésto fora pouco, agora se esconden como indignados para insultarnos a todos:eso si que é difamatorio e lamentable.
Dende a Sección Sindical de UGT nos vemos na obriga de desmarcarnos do sindicalismo de enganos e de confusións practicado por comisións obreras e solicitamos o apoio de todos os compañeiros para intentar solucionar ós problemas que nos está creando unha Dirección sin criterio nin ideas de supervivencia para manter os nosos postos de traballo.

SIGUE OPINANDO, NON PERMITAS QUE NINGUÉN TE AMEDRENTE!!!!