ERE NON

ALCOA ESTÁ EN LOITA!

NON AO DESMANTELAMENTO INDUSTRIAL

Contrato de enerxia xa!

ISTO É A GUERRA!

ALCOA NON SE PECHA!

31 de enero de 2012

MANIFESTACIÓN: VENRES 3 ÁS 20 HORAS NA PALLOZA

O VENRES DÍA 3 DE FEBREIRO HAI MANIFESTACIÓN ÁS 20:00 HORAS CON SAIDA DENDE A PRAZA DA PALLOZA ATA A DELEGACIÓN DO GOBERNO. MOVILIZEMOS A TODA A CORUÑA PARA IMPEDIR O PECHE DA FÁBRICA. TODOS SOMOS AFECTADOS TANTO  OS OPERARIOS COMO OS MANDOS (SIN FACTORÍA NON HAI TRABALLO). ÚNETE!!!!

Este xoves nos volvemos a concentrar diante da fábrica de 13 a 14 horas.

Venres asamblea.

¡¡¡¡PARA ESTA DIRECIÓN UN ERE DE EXTINCIÓN!!!!

24 de enero de 2012

REUNIÓN CA DIRECIÓN

Na reunión de hoxe pola mañán a RD seguía insistindo en recortar a produción mediante a parada total da serie 1, tivo que ser a representación dos traballadores quen ideou varias propostas diferentes a da Direción sin ter que pasar pola parada da serie 1.A todas as nosas propostas a RD respondeu que técnicamente non eran posibles con excepción  da parada de duas metades de cada serie.

Na reunión realizada pola tarde, a RD, nos presentou unha comparativa de coste globales entre as duas posibilidades de parada(S1 completa vs metade S1-S2) a cal e según a Direción sae en 1,1 millóns de euros menos ca parada total da serie un. Ante éste panorama, a RT, lle solicitamos un acordo detallado en materia de mantenemento e melloras para a serie 1 antes,durante e despóis da parada e a resposta que tivemos pola RD foi que ese apartado o falariamos en Madrid éste xoves.

Ás 10:30 horas recibiunos o alcalde da Coruña o cál lle comunicamos o grave problema que supón para a nosa fábrica o precio da tarifa eléctrica e tamén lle solicitamos que comunicara ó Ministerio de Traballo o enorme acto de irresponsabilidade no caso que autorize un ERE a Alcoa sin o acordo cos traballadores,lembrándolle que o ano pasado ésta empresa tivo beneficios.

No día de onte ás 12:30 horas tamén nos reunimos co senador Javier Losada Aspiazu para solicitarlle que trasladara á Cámara Alta a problemática da enerxía e do ERE que pretende facer Alcoa de forma unilateral.

¡¡¡O XOVES 26 DE 13:00 A 14:00 HORAS CONCENTRACIÓN NA ENTRADA DA FÁBRICA. O ERE NOS AFECTA A TODOS/AS!!!

VENRES 27 ÁS 15:00 HORAS ASAMBLEA XERAL.

18 de enero de 2012

RECORTES PRODUCIÓN

Na reunión celebrada onte pola mañá en Madrid, o presidente de Alcoa España, nos fixo unha amplia exposición da drástica situación económica que preveen no ano 2012 para as plantas de A Coruña e Avilés debido o alto precio da tarifa eléctrica, á situación do LME e ó excaso mercado xunto co alto coste das materias primas. O presidente comenta a necesidade de facer un expediente temporal(un ano) de regulación de emprego para minimizar as pérdidas e tamén que o ERE ten que aplicarse de maneira inmediata antes de un mes.
Na reunión realizada pola tarde, o director financiero, dedicouse a comentar como estaban as cifras económicas das duas fábricas pero non nos deron ningún tipo de documentación e dixeron que responderían as nosas preguntas na próxima reunión.
En estas duas reunións non se nos comentou ningún detalle de como se faría o ERE nin como pretenden realizar os recortes de produción.

A próxima reunión será o xoves 19 ás 9:00 horas e os membros de UGT Alcoa A Coruña que van asistir serán os compañeiros Gervasio Sánchez e Paseiro.

O XOVES DENDE AS 13:00 E ATA AS 14:00 HORAS CONCENTRACIÓN NA ENTRADA DA FÁBRICA. A VOSA PRESENCIA É FUNDAMENTAL.

13 de enero de 2012

PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA

Para mañá sábado 14 de xaneiro ás 11 horas estamos convocados a un Pleno do Comité de Empresa ca seguinte orde do día:
-Situación de Fábrica.
-Asamblea Xeral de traballadores.

10 de enero de 2012

REUNIÓN COMITÉ CA DIRECCIÓN

No día de hoxe tivemos reunión ca Dirección para tratar o tema dos recortes de producción propostos por Alcoa a nivel mundial. En ésta reunión a RD fixo a proposta de constituir unha mesa de negociación conxunta na que participaran A Coruña e Avilés para negociar un Expediente de Regulación de Emprego común para as duas plantas. Dende a Sección Sindical da UGT lle comunicamos á RD que en dita mesa de negociación se debería tratar a maneira de afrontar eses recortes sin ter que pasar por ningún tipo de expediente, non nos parece xusto que soamente afecte a Portovesme, Avilés e A Coruña posto que si repartimos os recortes entre todos tocaría a menos. Como sempre os beneficios da nosa planta van para fora pero as miserias quedan na Coruña.
En ésta reunión non se tratou ningún tema máis e ainda non temos ningunha data de próximas reunións.

5 de enero de 2012

VERDADES SOBRE O ACORDO DE COMPETITIVIDADE

Transcurridos uns meses despóis da firma por parte da coalición APC-CCOO do acordo de competitividade, chegamos a seguinte análise sobre os puntos de dito documento:


Persoal eventual afectado polo Plan de Competitividade:

Non se cumple co famoso listado de contratación xa que fixeron contratos de relevo a pfd´s que non estaban no acordo, retrasando deste xeito a contratación dos compañeiros eventuales, e ademáis a empresa empezou a aplicar o 2x1 no contrato de relevo o que provoca a pérdida de postos de traballo. Este tipo de contratación está feita á medida de CCOO-APC. Con éste acordo xa se levan perdidos 21 potos de traballo en éste ano(según censo da empresa posto a disposición de todas as centrais sindicais).

Baixas voluntarias para persoal de convenio:

Soamente se concedeu unha baixa voluntaria, ós demáis compañeiros que a solicitaron a empresa a denegou por falta de presuposto.

Empresas contratistas:

Outro punto do acordo que tamén se incumpliu, é coñecido por todos que a día de hoxe hai máis empresas auxiliares en fábrica.

Solicitude de traslado á planta de San Ciprián:

Soamente foi aceptada unha solicitude de traslado.

Estudio V1, V5 tanto fecha como toneladas do forno, gas:

En este punto a RD só se comprometeu a realizar un estudio de costes e beneficios dos proxectos de mellora de fornos da Fundición que estaría completado o día 28 de Outubro do 2011. A día de hoxe a Sección Sindical de UGT ainda non coñece dito estudio mentres tanto a Fundición está en peores condicións que nunca.

Horas extras:

A partir da firma do acordo non desapareceron as horas extras, incluso en algúns departamentos aumentaron, mentres se despediron a compañeiros outros se enchen os bolsillos (véxase reténs de Captación).

Plan de competitividade e posición da planta:

A RD asegurou que a nosa fábrica se posicionaría nunha situación competitiva si se firmaba éste acordo pero, según os datos da Sección Sindical de UGT, a fábrica da Coruña non chega o umbral de beneficios e según Alcoa Inc. somos a peor fábrica de primario.

Laboratorio:

No primer trimestre do ano 2012 imos perder outros 3 postos de traballo, en éste caso compañeiros do laboratorio, gracias ó acordo firmado por APC-CCOO.





Debemos comentar que o día 4 de Outubro tivemos o primer xuicio pola movilidade funcional no cual a Empresa esgrimiu como argumento ante o xuiz que había firmado un acordo sobre éste tema do día 3 de Outubro, pero tanto CCOO como APC firmaron o día 6 de Outubro pero mantendo a data no documento do día 3 para de éste xeito favorecer os argumentos da Dirección.

Con todos éstes feitos probados, queda claro que a única pretensión do acordo de competitividade era a de reducir plantilla a cambio de nada e en base a engaños e mentiras.

4 de enero de 2012

CONVENIO COLECTIVO

Ya está disponible on line el c.c de nuestra empresa en el blog.