ERE NON

ALCOA ESTÁ EN LOITA!

NON AO DESMANTELAMENTO INDUSTRIAL

Contrato de enerxia xa!

ISTO É A GUERRA!

ALCOA NON SE PECHA!

16 de julio de 2013

PAGA EXTRAORDINARIA DE XULLO

Como todos sabedes a empresa só nos pagaou ó 50% da paga extraordinaria do mes de xullo pero ademáis de este feito, e por si xa era pouco, tamén nos descontou o 50% da paga de vacacións ós compañeiros que a teñen prorrateada en 14 mensualidades. Unha vez detectado éste roubo, os representantes da UGT solicitámoslle á dirección a reposición de esta cantidade. A RD nos contesta que foi un erro e que na nómina de xullo nos ingresarán ó 50% da paga de vacacións que foi sacada indevidamente. Polo tanto vos recomendamos que revisedes éstas nóminas.

9 de julio de 2013

COMISIÓN CONSULTIVA NACIONAL DE CONVENIOS COLECTIVOS(CCNCC)

O luns día 8 de xullo reuniuse o pleno da CCNCC a petición de alcoa na que se solicita( por parte da empresa) a inaplicación do noso convenio colectivo, a maioría do pleno da CCNCC acordou designar un árbitro para que sexa o responsable de resolver o conflicto.O representante de UGT votou en contra da designación dun árbitro e esixiu que se denegara a solicitude da empresa pero os demais membros(patronal e administración) non aceptaron a nosa  petición.
Dende a UGT entendemos que se está a producir abuso de dereito e fraude de lei con ésta decisión e así o trasladamos a nosa asesoría xurídica para estudar as medidas pertinentes. Unha vez máis Alcoa utiliza os seus "grandes amigos do goberno" para quitarnos dereitos en vez de fomentar o emprego, tan necesario na nosa planta, e ademáis coa enorme contradición das horas extras que se están a realizar.
Hai que lembrar que a empresa está incumplindo o convenio colectivo polo que acordouse, en pleno do comité de empresa, interpoñer as pertinentes demandas xudiciales ainda que a día de hoxe a UGT non ten coñecemento oficial de que camiño están a seguir ditas demandas, polo tanto descoñecemos si xa hai fechas de xuicios.