ERE NON

ALCOA ESTÁ EN LOITA!

NON AO DESMANTELAMENTO INDUSTRIAL

Contrato de enerxia xa!

ISTO É A GUERRA!

ALCOA NON SE PECHA!

29 de enero de 2013

RECORTES 2013

Na reunión de hoxe a representación dos traballadores presentoulle á dirección ata tres propostas diferentes para poder acadar un acordo sobre os recortes promovidos por Alcoa. A empresa contestou rotundamente que non aceptaban negociar ningunha das tres propostas e incluso, e de maneira insultante, chegaron a dicir que non as aceptaban nin siquera como propostas.
Asemesmo, hai que comentar, que as reunións anteriores prácticamente foron dedicadas a comentar a escasa información que nos iba dando a empresa. Polo tanto, temos que dicir que non hai ningún tipo de avance nin de acercamento por parte da dirección.
Para a Sección Sindical de UGT cada día temos máis claro que o obxetivo de Alcoa é realizar os recortes ÚNICAMENTE NO PERSOAL INCLUIDO EN CONVENIO.
Próxima reunión mañán ás 11:00 horas.

20 de enero de 2013

RETIRADA DESCOLGUE DO CONVENIO

Dende a UGT agradecemos a paciencia dos compañeiros que estiveron a esperar pola asamblea convocada para o venres e pedir disculpas pola sua desconvocatoria, pero nos parecía máis operativo  intentar acadar un acordo sobre a retirada temporal do descolgue do convenio.
Deixade os vosos comentarios si tedes dudas sobre a acta para posibles aclaracións.

8 de enero de 2013

RECORTES 2013

Na reunión de hoxe, a Dirección, sígue negando a participación de todo o Comité de Empresa e amenazando con non realizar máis xuntanzas a non ser que só asistan 7 representantes dos traballadores, con esta actitude chulesca por parte da RD empezou a reunión.
Para continuar impoñendo ás posturas empresarias consistentes en conxelación salarial, non cobrar a prima por resultados para 2013 e  ademáis recortar prácticamente todas as axudas sociais. Por parte do Comité estaríamos dispostos a negociar a reducción do 7% pero sempre con agunhas condicións p.ex. garantía de rotorno dos nosos cartos prestados a Alcoa e sobre todo ter a capacidade para negociar en onde se realizarían ditos recortes. A RD contesta que eso é innegociable e que presentarán, en estes días, diante da autoridade laboral a solicitude de desuelgue do convenio, en base á reforma laboral.
Hoxe quedou más que evidente a falta de voluntad ,e sobre todo a mala fé ,da dirección da fábrica da Coruña para intentar chegar a un acordo o menos traumático posible para o conxunto dos traballadores.

15 de diciembre de 2012

PLAN 2013 SEGÚN ALCOA

Na reunión de onte celebrada en Guitiriz entre representantes dos traballadores de Coruña e Avilés con representantes da dirección de Alcoa, tratáronse os seguintes temas:

- Varios incumplimentos na aplicación do ERE (diferencias no tempo do ERE que está o persoal, conceptos de turno sin pagar a varios compañeiros que os cambiaron para xornada, etc..). A empresa responde que hai que resolvelo en cada fábrica.

- Tarifa eléctrica: a dirección conta que ainda non hai aprobación de Bruselas nin está publicada a orde ministerial pero xa tiveron reunidos con todas as eléctricas e son optimistas en alcanzar un acordo antes de acabar o ano.

- Plan 2013: según Alcoa debido ás altas pérdidas económicas previstas para o ano 2013, tomando como referencia un LME de 1900$  e a paridad a 1,26; teñen que presentar un plan de recortes consistente en rebaixar un 7% os costes laborales ademáis de outras medidas productivas. Para conseguir rebaixar ditos costes laborales pretenden conxelar os incrementos salariais pactados en convenio para o ano 2013, non pagar a prima por resultados do ano 2013, non realizar as aportacións ós plans e fondo de pensións e incluso modificar algún tema de organización relacionado con vacacións e absentismo. Todo esto sin ningunha garantía de retorno nin de continuidade para o ano 2014.

 Dito Plan de recortes será negociado en cada Planta antes do 10 de xaneiro.

25 de octubre de 2012

RESULTADO DO PARIPÉ

-Votos SI (volver a convocar mobilizacións)= 40
-Votos NON (volver a desconvocar mobilizacións según o aconsellado por Alcoa)= 116
-Votos BRANCOS= 3
Total de votos= 159

Polo tanto, se volven a DESCONVOCAR as mobilizacións ata que Alcoa estime oportuno.

¡Que a sorte nos acompañe!

18 de octubre de 2012

DESCONVOCADAS AS MOBILIZACIÓNS EN ALCOA CORUÑA

O sindicato comisiónes obreras, maioritario no comité de empresa, e co apoio dos Cuadros decidiron desconvocar as manifestacións previstas para éstas semanas, apelando á "intelixencia" e ás boas palabras da dirección de Alcoa en España. Dende a Sección Sindical de UGT fixemos unha chamada á unidade para seguir cas mobilizacións mentres non aparezca publicada a ínclita Orde Ministerial e solicitando de  Alcoa feitos que demostren a continuidade da factoría de A Coruña.

11 de octubre de 2012

SÁBADO DÍA 13 MITÍN DE RUBALCABA ÁS 12:00 HORAS EN EXPOCORUÑA(DETRÁS DO COLISEO)

CONCENTRACIÓN DIANTE DE FÁBRICA O LUNS DÍA 15 DENDE AS 13:30 ATA AS 14:30 HORAS

A CONCENTRACIÓN PROGRAMADA PARA O VENRES 15 QUEDA CANCELADA.

4 de octubre de 2012

SÚBETE AO TREN DA INDUSTRIA E DO EMPREGO, TEN 10 PARADAS

CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS

- Presencia permanente nos actos públicos acordados na asamblea(debemos estar pendientes da prensa para saber día, hora e lugar).

- Días 5 e 6 pegada de carteles escenificando a campaña electoral e publicitando a manifestación do día 10.

- Concentracións todos os venres ás 14:00 horas diante da fábrica.

- Participación na manifestación convocada para o día 8 ás 20:00 horas dende a praza da Palloza.

- MANIFESTACIÓN O DÍA 10 DE OUTUBRO dende Alcoa ata a Delegación do Goberno(praza de Ourense) ás 17:45 horas.

- Manifestacións os días 18 e 25 de outubro, sainda da fábrica ás 17:30 horas dende rotonda de Arias Hermanos e regresando para Alcoa pola rotonda do Marineda City.

24 de septiembre de 2012

PRÓXIMAS MOBILIZACIÓNS!!!!

Debido á grave situación que estamos a sufrir, os traballadores de Alcoa convoncan varias mobilizacións...Dende a sección sindical de UGT Alcoa solicitamos o apoio dos veciños da Coruña e a sua comarca para evitar que desmantelen totalmente  a industria coruñesa.

O MÉRCORES DÍA 26 DE SETEMBRO IMOS CONCENTRARNOS DIANTE DA DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA ( na praza de Ourense) ás 12:00 horas.

TAMÉN O XOVES DÍA 27 DE SETEMBRO FAREMOS OUTRA CONCENTRACIÓN DIANTE DAS CONSELLERIAS DA XUNTA DE GALICIA (ao lado da estación de autobuses de Santiago), ás 12:00 horas.
Os autobuses saldrán dende Alcoa ás 10:45 horas e para reservar praza hai que comunicarllo a calquera dos membros do comité de empresa.

¡¡¡Para ésta concentración, dende a UGT creemos que sería interesante levar os cascos de traballo...temos que conseguir que se nos escoite!!!RUIDO,RUIDO,RUIDO!!!






18 de septiembre de 2012

ASAMBLEA XERAL ALCOA

O venres día 21 hai convocada unha asamblea xeral ás 15:30 horas no comedor social. Descoñecemos a "orde do día".

12 de septiembre de 2012

MOBILIZACIÓNS XA!!!

Agora, en plena campaña electoral, imos escoitar como os políticos do PP van seguir especulando cos nosos postos de traballo a cambio de un puñado de votos. Éstes, e anteriormente outros mentireiros, tiveron moito tempo para solucionar o problema pero o único que fixeron foi abocarnos á pérdida dos nosos empregos...ímolo consentir?
Dende a UGT iremos a manifestarnos ós mítines polo que agradeceríamos a máxima información de ditos eventos. SI ELES NON NOS DEIXAN TRABALLAR NOS NON DEIXAREMOS QUE GOBERNEN.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/09/12/alcoa-senala-5-octubre-tope-aclarar-futuro/0003_201209G12P30991.htm

6 de septiembre de 2012

MANIFESTACIÓN 15 DE SETEMBRO EN MADRID

O sábado 15 de setembro, hai convocada por máis de 100 organizacións sociais(incluida UGT), unha MANIFESTACIÓN para protestar polos múltiples recortes que está a realizar o goberno. UGT pon a disposición, de todos os afiliados, autobuses para acudir a Madrid que saldrán ás 1:00 horas do día 15 de setembro dende a Palloza(diante da UGT). Os afiliados que queirades participar na manifestación tedes que reservar plaza a través de calquera dos membros do comité de UGT ou chamando ó número de teléfono 981237264.




¡¡¡MARCHA A MADRID!!!



¡¡¡NON PERMITAS QUE ARRUINEN O PAÍS!!!

24 de julio de 2012

MODIFICACIÓN NO COMITÉ DE EMPRESA

A sección sindical de UGT en Alcoa ven de facer unha modificación dos seus membros no comité de empresa, a partir de agora ó compañeiro MANUEL ANGEL IGLESIAS RODRIGUEZ incorpórase, como membro do comité, sustituindo ó compañeiro PABLO VÁZQUEZ SÁNCHEZ. Dende a UGT queremos agradecer a PABLO a sua confianza depositada en nós e a sua colaboración, sobre todo na época das eleccións sindicais cando a UGT sufriu un enorme desprestixo debido ás múltiples mentiras e enganos promovidos pola empresa e ca complicidade dos outros "sindicatos" co único afán electoralista(o que por certo doulles moi bos resultados nas urnas). Máis adiante demostraremos, con probas, a falsedade de esas calumnias pero agora nos toca seguir loitando con máis forza e dureza que nunca para manter os postos de traballo, e para iso é necesaria a experiencia e o bo facer do compañeiro ANGEL IGLESIAS que podedes contactar con él para calquer consulta no departamento de pastas.

TODOS A RUA!!!!
DEFENDAMOS OS NOSOS TRABALLOS!!!!

17 de julio de 2012

¡¡¡QUEREN ARRUINAR O PAÍS!!!

HAI QUE IMPEDILO, 19 DE XULLO Á RUA SOMOS MÁIS...

MANIFESTACIÓN ÁS 20:00 HORAS NA PRAZA DA PALLOZA.

3 de julio de 2012

MANIFESTACIÓN ALCOA CORUÑA



MANIFESTACIÓN

CON ROUPAS DE TRABALLO

*************************************

O VINDEIRO MARTES 10 DE XULLO ÁS 19:00 HORAS





A SAÍDA SERÁ DENDE:



A FÁBRICA -

AVDA. ARTEIXO – PLAZA DE OURENSE – DELEGACION DO GOBERNO.





 ROUPAS DE TRABALLO LIMPAS:

- BOTAS

- PANTALON

- CAMISA

- CASCO



SEN MÁSCARAS

SEN EQUIPOS DE FILTRACIÓN DO AIRE

------------------------------------------------------------------------------------------



NOTA .- Os traballadores que están na ERTE, ten permiso a entrar na Fabrica para cambiarse.

26 de junio de 2012

MANIFESTACIÓN DE ALCOA SAN CIBRAO

31 de mayo de 2012

¡¡¡ ASAMBLEA !!!


ASAMBLEA DE AFILIADOS E SIMPATIZANTES



A comisión executiva da SECCIÓN SINDICAL DE MCA-UGT ALCOA INESPAL S.A. decidiu convocar unha asamblea de afiliados, aberta a todos os traballadores simpatizantes á ugt, que se celebrará o Venres día 8 de Xuño ás 16:00 horas e terá lugar no Edificio da UGT na c/Fernández Latorre nº27,1ªPlanta. Ca seguinte



                                      ORDE DO DÍA:



-         ANÁLISE DA SITUACIÓN ACTUAL DE FÁBRICA. ÚLTIMOS ACONTECIMIENTOS.

-         MOBILIZACIÓNS.

-         ROGOS E PREGUNTAS.



Debido  á importancia dos temas da Orde do Día, rogamos a vosa asistencia. Sin máis, recibide un cordial saúdo.

3 de mayo de 2012

DECLARACIÓN RENTA 2011

¡¡MCA-UGT INFORMA!!




EL S.I. de MCA-UGT A CORUÑA informa a sus afiliados que a partir del día 2 de mayo comenzaremos a realizar la



DECLARACIÓN DE LA RENTA 2011



en el siguiente horario:



Mañanas: de 9:30 a 12:30 h.

Tardes: de 16:30 a 18:30 h.



• Los volantes y las citas, las dará el Sindicato en la Sede (sita. en Fernández Latorre, 27-2º) ó en el Teléfono 981.23.72.64