ERE NON

ALCOA ESTÁ EN LOITA!

NON AO DESMANTELAMENTO INDUSTRIAL

Contrato de enerxia xa!

ISTO É A GUERRA!

ALCOA NON SE PECHA!

21 de marzo de 2013

MANIFESTACIÓN FÁBRICA DE ARMAS

ESTE SÁBADO DÍA 23 OS COMPAÑEIROS DA FÁBRICA DE ARMAS TEÑEN CONVOCADA UNHA MANIFESTACIÓN ÁS 12:00 HORAS DENDE A PRAZA DA PALLOZA ATA A DELEGACIÓN DO GOBERNO.

ALÍ ESTAREMOS...ÁNIMO COMPAÑEIROS!

8 de marzo de 2013

ASAMBLEA XERAL INFORMATIVA


5 de marzo de 2013

POR UNHA DEMOCRACIA REAL E PARTICIPATIVA


1 de marzo de 2013

MARCHA APOIO ÓS COMPAÑEIROS DA FÁBRICA DE ARMAS


26 de febrero de 2013

FOLGA


19 de febrero de 2013

DESC0LGUE DO CONVENIO

No día de hoxe, a dirección citou o comité de empresa para presentarnos, de maneira oficial o descolgue de convenio.Según a lexislación vixente,a partir de hoxe temos 15 días para negociar "de boa fe" as condicións de dito descolgue ainda que a empresa xa nos adiantou que só se celebrarán duas reunións nos días 25 de febreiro e 4 de marzo.

8 de febrero de 2013

ASAMBLEA XERAL INFORMATIVA

O PRÓXIMO VENRES DÍA 15 DE FEBREIRO ESTÁ CONVOCADA UNHA ASAMBLEA XERAL INFORMATIVA CA SEGUINTE ORDE DO DÍA:
- PLAN DE AFORRO DE CUSTES 2013.

LUGAR: COMEDOR DE FÁBRICA.

HORARIOS: 10:00 HORAS.
                      15:00 HORAS.

29 de enero de 2013

RECORTES 2013

Na reunión de hoxe a representación dos traballadores presentoulle á dirección ata tres propostas diferentes para poder acadar un acordo sobre os recortes promovidos por Alcoa. A empresa contestou rotundamente que non aceptaban negociar ningunha das tres propostas e incluso, e de maneira insultante, chegaron a dicir que non as aceptaban nin siquera como propostas.
Asemesmo, hai que comentar, que as reunións anteriores prácticamente foron dedicadas a comentar a escasa información que nos iba dando a empresa. Polo tanto, temos que dicir que non hai ningún tipo de avance nin de acercamento por parte da dirección.
Para a Sección Sindical de UGT cada día temos máis claro que o obxetivo de Alcoa é realizar os recortes ÚNICAMENTE NO PERSOAL INCLUIDO EN CONVENIO.
Próxima reunión mañán ás 11:00 horas.

20 de enero de 2013

RETIRADA DESCOLGUE DO CONVENIO

Dende a UGT agradecemos a paciencia dos compañeiros que estiveron a esperar pola asamblea convocada para o venres e pedir disculpas pola sua desconvocatoria, pero nos parecía máis operativo  intentar acadar un acordo sobre a retirada temporal do descolgue do convenio.
Deixade os vosos comentarios si tedes dudas sobre a acta para posibles aclaracións.

8 de enero de 2013

RECORTES 2013

Na reunión de hoxe, a Dirección, sígue negando a participación de todo o Comité de Empresa e amenazando con non realizar máis xuntanzas a non ser que só asistan 7 representantes dos traballadores, con esta actitude chulesca por parte da RD empezou a reunión.
Para continuar impoñendo ás posturas empresarias consistentes en conxelación salarial, non cobrar a prima por resultados para 2013 e  ademáis recortar prácticamente todas as axudas sociais. Por parte do Comité estaríamos dispostos a negociar a reducción do 7% pero sempre con agunhas condicións p.ex. garantía de rotorno dos nosos cartos prestados a Alcoa e sobre todo ter a capacidade para negociar en onde se realizarían ditos recortes. A RD contesta que eso é innegociable e que presentarán, en estes días, diante da autoridade laboral a solicitude de desuelgue do convenio, en base á reforma laboral.
Hoxe quedou más que evidente a falta de voluntad ,e sobre todo a mala fé ,da dirección da fábrica da Coruña para intentar chegar a un acordo o menos traumático posible para o conxunto dos traballadores.

15 de diciembre de 2012

PLAN 2013 SEGÚN ALCOA

Na reunión de onte celebrada en Guitiriz entre representantes dos traballadores de Coruña e Avilés con representantes da dirección de Alcoa, tratáronse os seguintes temas:

- Varios incumplimentos na aplicación do ERE (diferencias no tempo do ERE que está o persoal, conceptos de turno sin pagar a varios compañeiros que os cambiaron para xornada, etc..). A empresa responde que hai que resolvelo en cada fábrica.

- Tarifa eléctrica: a dirección conta que ainda non hai aprobación de Bruselas nin está publicada a orde ministerial pero xa tiveron reunidos con todas as eléctricas e son optimistas en alcanzar un acordo antes de acabar o ano.

- Plan 2013: según Alcoa debido ás altas pérdidas económicas previstas para o ano 2013, tomando como referencia un LME de 1900$  e a paridad a 1,26; teñen que presentar un plan de recortes consistente en rebaixar un 7% os costes laborales ademáis de outras medidas productivas. Para conseguir rebaixar ditos costes laborales pretenden conxelar os incrementos salariais pactados en convenio para o ano 2013, non pagar a prima por resultados do ano 2013, non realizar as aportacións ós plans e fondo de pensións e incluso modificar algún tema de organización relacionado con vacacións e absentismo. Todo esto sin ningunha garantía de retorno nin de continuidade para o ano 2014.

 Dito Plan de recortes será negociado en cada Planta antes do 10 de xaneiro.

25 de octubre de 2012

RESULTADO DO PARIPÉ

-Votos SI (volver a convocar mobilizacións)= 40
-Votos NON (volver a desconvocar mobilizacións según o aconsellado por Alcoa)= 116
-Votos BRANCOS= 3
Total de votos= 159

Polo tanto, se volven a DESCONVOCAR as mobilizacións ata que Alcoa estime oportuno.

¡Que a sorte nos acompañe!

18 de octubre de 2012

DESCONVOCADAS AS MOBILIZACIÓNS EN ALCOA CORUÑA

O sindicato comisiónes obreras, maioritario no comité de empresa, e co apoio dos Cuadros decidiron desconvocar as manifestacións previstas para éstas semanas, apelando á "intelixencia" e ás boas palabras da dirección de Alcoa en España. Dende a Sección Sindical de UGT fixemos unha chamada á unidade para seguir cas mobilizacións mentres non aparezca publicada a ínclita Orde Ministerial e solicitando de  Alcoa feitos que demostren a continuidade da factoría de A Coruña.

11 de octubre de 2012

SÁBADO DÍA 13 MITÍN DE RUBALCABA ÁS 12:00 HORAS EN EXPOCORUÑA(DETRÁS DO COLISEO)

CONCENTRACIÓN DIANTE DE FÁBRICA O LUNS DÍA 15 DENDE AS 13:30 ATA AS 14:30 HORAS

A CONCENTRACIÓN PROGRAMADA PARA O VENRES 15 QUEDA CANCELADA.

4 de octubre de 2012

SÚBETE AO TREN DA INDUSTRIA E DO EMPREGO, TEN 10 PARADAS

CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS

- Presencia permanente nos actos públicos acordados na asamblea(debemos estar pendientes da prensa para saber día, hora e lugar).

- Días 5 e 6 pegada de carteles escenificando a campaña electoral e publicitando a manifestación do día 10.

- Concentracións todos os venres ás 14:00 horas diante da fábrica.

- Participación na manifestación convocada para o día 8 ás 20:00 horas dende a praza da Palloza.

- MANIFESTACIÓN O DÍA 10 DE OUTUBRO dende Alcoa ata a Delegación do Goberno(praza de Ourense) ás 17:45 horas.

- Manifestacións os días 18 e 25 de outubro, sainda da fábrica ás 17:30 horas dende rotonda de Arias Hermanos e regresando para Alcoa pola rotonda do Marineda City.

24 de septiembre de 2012

PRÓXIMAS MOBILIZACIÓNS!!!!

Debido á grave situación que estamos a sufrir, os traballadores de Alcoa convoncan varias mobilizacións...Dende a sección sindical de UGT Alcoa solicitamos o apoio dos veciños da Coruña e a sua comarca para evitar que desmantelen totalmente  a industria coruñesa.

O MÉRCORES DÍA 26 DE SETEMBRO IMOS CONCENTRARNOS DIANTE DA DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA ( na praza de Ourense) ás 12:00 horas.

TAMÉN O XOVES DÍA 27 DE SETEMBRO FAREMOS OUTRA CONCENTRACIÓN DIANTE DAS CONSELLERIAS DA XUNTA DE GALICIA (ao lado da estación de autobuses de Santiago), ás 12:00 horas.
Os autobuses saldrán dende Alcoa ás 10:45 horas e para reservar praza hai que comunicarllo a calquera dos membros do comité de empresa.

¡¡¡Para ésta concentración, dende a UGT creemos que sería interesante levar os cascos de traballo...temos que conseguir que se nos escoite!!!RUIDO,RUIDO,RUIDO!!!






18 de septiembre de 2012

ASAMBLEA XERAL ALCOA

O venres día 21 hai convocada unha asamblea xeral ás 15:30 horas no comedor social. Descoñecemos a "orde do día".

12 de septiembre de 2012

MOBILIZACIÓNS XA!!!

Agora, en plena campaña electoral, imos escoitar como os políticos do PP van seguir especulando cos nosos postos de traballo a cambio de un puñado de votos. Éstes, e anteriormente outros mentireiros, tiveron moito tempo para solucionar o problema pero o único que fixeron foi abocarnos á pérdida dos nosos empregos...ímolo consentir?
Dende a UGT iremos a manifestarnos ós mítines polo que agradeceríamos a máxima información de ditos eventos. SI ELES NON NOS DEIXAN TRABALLAR NOS NON DEIXAREMOS QUE GOBERNEN.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/09/12/alcoa-senala-5-octubre-tope-aclarar-futuro/0003_201209G12P30991.htm