22 de junio de 2011

¿ONDE ESTÁ A DIRECCIÓN DA NOSA FÁBRICA?

No día de hoxe celebrouse a segunda reunión entre a Comisión reducida do Comité de Empresa e unha parte da Dirección para continuar ca negociación do plan de axuste de costes. A empresa fíxonos unhas proxeccións dos datos económicos que lle solicitamos previamente na reunión do luns, e ainda que a sección sindical de UGT non dispón de datos suficientes, podemos intuir que a maioría dos cálculos económicos que nos presentou a Empresa pouco teñen que ver ca realidade e por outro lado non incluiron contas esenciales para un estudio real de costes, sobre todo de un par de empresas exteriores "moi amigas" de Alcoa.
Dende a UGT solicitamos que nos deran copias das proxeccións xunto con documentos que confirmen esos datos pero a Dirección negouse a presentalos en papel, o cual fai máis complicado poder facer propostas pola nosa parte de cara a mellorar a competitividade...¿POR QUÉ OCULTAN ÉSTA INFORMACIÓN?

Pouco máis temos que contar xa que estas duas reunións non sirviron de nada, nin siquiera para cerrar un documento de traballo con datos económicos reais sobre os costes da planta, documento que sería necesario para poder ter opinión e dar propostas de futuro. A estas duas reunións non asistiu o Xefe de Planta.

Próxima reunión: venres día 24 ás 13 horas.

0 comentarios:

Publicar un comentario